O Psoe da Laracha renova a súa Executiva Municipal

Membros da nova executiva do Psoe A Laracha

Alba Toba é a nova Secretaria Xeral e Palomi Rodríguez Castiñeira permanece no equipo como Secretaria de Acción Electoral e Administración

O PSdeG-PSOE da Laracha convocou unha Asemblea extraordinaria para renovar a súa Comisión Executiva Municipal co horizonte posto nas eleccións de 2023. Unha cita que o partido afronta “coa ilusión de conseguir o cambio que tanto necesita este concello”, en palabras da nova Secretaria Xeral, Alba Toba. A actual concelleira contou co apoio da militancia para relevar no cargo a Palomi Rodríguez Castiñeira, que permanece no equipo asumindo a Secretaría de Acción Electoral e Administración.

A nova Executiva contará tamén con:

  • José Suárez como presidente
  • José Martínez Ageitos como Secretario de Organización
  • Estrella Mañana como Vicesecretaría de Igualdade
  • José Antonio Barbeito como vicesecretario de Política Municipal
  • Héctor Suárez Prego á fonte da área de Formación
  • Eduardo García Pazos na área de Deportes

A Asemblea acordou a designación de Emilia Ferreiro como representante da Agrupación Local da Laracha no Comité Provincial da Coruña. O encontro serviu, ademais, para avalar o traballo desenvolvido durante o presente mandato polo Grupo Municipal Socialista.

“Temos por diante 15 meses de intensa actividade antes das eleccións”, afirmou a nova Secretaria Xeral. "Pero o esforzo realizado nestes anos permitiu poñer sobre a mesa os problemas reais da veciñanza". Tamén "serviu para consolidar ao PSdeG-PSOE como unha alternativa esperanzadora, renovadora e preparada para afrontar os retos deste Concello”, engadiu.

Trala elección de Valentín González Formoso como Secretario Xeral do PSdeG e a de Bernardo Fernández como máximo responsable da organización a nivel provincial, o Partido está renovando agora a súa estrutura a nivel local. En próximas datas a militancia deberá decidir o nome da persoa que encabezará a lista para as eleccións municipais de 2023.