Noelia Loureiro conseguiu o Récord de España e unha medalla de ouro da proba 50m socorrista

Noelia Loureiro no podium de Valladolid

Na segunda edición do Campionato de España de Distancias Curtas Xuvenil, Junior e Absoluto destacó Noelia Loureiro da Laracha

Entre os 239 socorristas que participaron do Campionato de España atopábanse os deportistas Pablo Amado Villar, Álvaro Hidalgo, Anxo López Rey e Noelia Loureiro Serrano do Salvamento Acuático Laracha (SAL). Estiveron acompañador polo adestrador Borja Dez García. O evento celebrouse na piscina Parquesol de Valladolid o pasado fin de semana.

Na xornada do sábado, Noelia Loureiro conseguiu facerse co Récord de España e coa medalla de ouro da proba 50 m socorrista. Pola súa parte, Pablo Amado quedou sétimo, sendo o seu primeiro campionato nacional de piscina. Tamén, Anxo López quedou quinto na proba de 50 m combinada, e Álvaro Hidalgo quince en 50 m natación con obstáculos.

Na xornada do domingo, Anxo López conseguiu a cuarta posición na proba 100m supersocorrista, Álvaro Hidalgo a oitava no 25 rescate e Pablo Amado a décimo primeira no 50m rescate de maniquí con aletas. Todos os deportistas da Laracha consigueron en ambas as xornadas mellorar as súas marcas persoais e ampliar a súa experiencia en competicións nacionais.

Pablo Amado Villar, Álvaro Hidalgo, Anxo López Rey e Noelia Loureiro Serrano xunto ao adestrador Borja Dez García