Mellora da rede viaria no núcleo de Adrán

Mellora da rede viaria no núcleo de Adrán.
Mellora da rede viaria no núcleo de Adrán.

O Concello da Laracha mellora a rede viaria no núcleo de Adrán.

Dentro do continuo desenvolvemento do plan municipal de mellora e mantemento da rede viaria, o Concello está a executar unha actuación no núcleo de Adrán da parroquia de Montemaior.

As obras principiaron coa limpeza das cunetas e o acondicionamento dos bordes da calzada, incluíndo melloras na rede de recollida de augas pluviais. No día de hoxe comezouse a estender o aglomerado asfáltico en quente co que se renovará a superficie de rodadura dos vehículos. Concluirase co pintado das marcas viarias correspondentes para reforzar a seguridade. 

Este proxecto supón un investimento superior aos 20.000 euros. 

A conservación do bo estado das estradas de titularidade municipal é cuestión prioritaria na xestión do goberno local por implicar que se faciliten as comunicacións rodadas e os accesos aos máis de trescentos núcleos de poboación rural existentes.