O Concello pecha os parques infantís e as instalacións deportivas polo coronavirus

O Concello da Laracha toma novas medidas ante a terceira onda do coronavirus
O Concello da Laracha toma novas medidas ante a terceira onda do coronavirus

Ademáis, o coronavirus obriga a pechar os circuitos biosaudables, as actividades nas bibliotecas municipais e na aula lúdica

Esta media noite entran en vigor en toda Galicia as novas medidas preventivas dirixidas a frear a terceira vaga de contaxios por coronavirus. Nestes momentos o Concello da Laracha presenta 125 casos de infección activa (un menos que onte). Tamén 127 casos diagnosticados nos últimos catorce días (sete máis que onte), sendo a incidencia acumulada de máis de 1.100 por cada cen mil habitantes.

Hoxe celebrouse unha nova reunión da comisión municipal que realiza o seguimento da situación epidemiolóxica polo coronavirus. Nela, os responsables dos diferentes departamentos municipais consensuaron as medidas a levar a cabo polo Concello:

  • Peche dos parques infantís, as pistas polideportivas descubertas e os circuítos biosaudables. A Policía Local precintará todas esas infraestruturas públicas para advertir da prohibición do seu uso.
  • De acordo co anunciado onte polo presidente da Xunta, a partir de mañá estarán pechadas todas as instalacións deportivas: os pavillóns (salvo durante o horario de uso dos centros de ensino). Tamén, o complexo deportivo da piscina municipal, o campo de fútbol Municipal da Laracha e as pistas de pádel.
  • A única excepción é o campo de fútbol A Porta Santa. Se permitirá o desenvolvemento dos adestramentos e a disputa dos partidos do primeiro equipo da U.D. Paiosaco que compite en categoría nacional (Terceira División).
  • Se acordou o peche das tres bibliotecas e a suspensión temporal do servizo de aula lúdica municipal
  • Así mesmo, se suspende o programa de reforzo educativo “Un paso adiante” que se leva a cabo no marco do programa “Educa en positivo”
  • Feira de Paiosaco (a próxima será o 7 de febreiro). O Concello continuará permitindo a súa celebración coa limitación de que os postos ocupen a metade do seu espazo habitual.

Intervención policial

Un condutor que circulaba o pasado domingo polo núcleo urbano da Laracha foi detido pola Policía Local. Enfrontarase a dous posibles delitos, un por negarse a someterse ás probas de alcoholemia e outro por ameazas aos efectivos do corpo de seguridade municipal.

Os feitos sucederon en torno ás 19:00 horas, cando os axentes observaron como un vehículo realizaba un cambio de sentido ilegal na Avenida Fisterra á altura da rúa Cuartel e déronlle o alto. Tras comprobar que presentaba síntomas de embriaguez, foi requirido para realizar as correspondentes probas de comprobación da taxa de alcoholemia, ao que o condutor se negou. Pero o feito non concluíu aí, xa que comezou a proferir ameazas contra os efectivos da Policía Local, polo que se procedeu á súa detención e posta a disposición xudicial.

situación epidemiolóxica por coronavirus en Concello Laracha
Nova situación ante o coronavirus na Laracha e no resto de Galicia