Marcelino Sánchez Blanco recibe la felicitación del alcalde polo seu 100 aniversario

Marcelino Sánchez Blanco recibe la felicitación del alcalde polo seu 100 aniversario.
Marcelino Sánchez Blanco recibe la felicitación del alcalde polo seu 100 aniversario.

100 aniversario de Marcelino Sánchez Blanco.

O pasado día 14 de abril o señor Marcelino Sánchez Blanco cumpriu os 100 anos de idade. 

Natural do lugar de Rebordelos (Carballo) e carpinteiro de profesión, emigrou a Suíza nos anos 60, época na que ao mesmo tempo foi construíndo a súa vivenda na Pedreira, parroquia de Caión, onde reside desde 1969, actualmente coa súa muller Magdalena.

Marcelino ten tres fillos, cinco netos e catro bisnetos. Gran parte da familia e das súas amizades reuníronse para festexar o 100 aniversario e a sorte de que, tras un século de vida, afirme atoparse “ben de saúde, da cabeza e da memoria”.

O alcalde, José Manuel López Varela, e os edís Rocío López e Alberto Blanco, tamén felicitaron a Marcelino, agasallándoo cunha placa conmemorativa e un ramo de flores en representación do Concello.

No termo municipal da Laracha están empadroadas nove persoas con máis dun século de vida, sendo dúas delas homes e sete mulleres.