A candidatura de José Manuel López Varela logra a súa sétima maioría absoluta na Laracha

José Manuel López Varela lidera un ano máis a lista dos populares á alcaldía do concello da Laracha

O goberno da Laracha suma un concelleiro máis e obtivo o 63,14% dos votos

Xornada histórica para o Partido Popular da Laracha. Repite maioría absoluta engadindo un concelleiro máis. Pasa de 11 a 12. Os resultados tamén destacan que a candidatura de José Manuel López Varela obtivo o 63,14% dos votos. "Moitas grazas ós 4.114 votantes laracheses do Partido Popular por facelo posible", destaca o alcalde. Pola súa parte, o PSOE local obtivo 2 concejales -tiña 4- e o BNG sube de 2 a 3 ediles.