Intercambio xuvenil en Venecia ata o 9 de xullo

Integrantes do programa xuvenil e monitoras en Venecia
Integrantes do programa xuvenil e monitoras en Venecia

O programa conta con 11 mozos larachenses que viaxaron a Venecia o 2 de xullo

Once mozos laracheses de entre 18 e 30 anos de idade están a participar nun programa de intercambio xuvenil que se desenvolve en Venecia ata o 9 de xullo. O Concello da Laracha foi convidado pola entidade organizadora, Polo Tecnico Professionale desa localidade italiana. A iniciativa conta tamén coa presencia con tres monitoras, sendo unha deles a concelleira de Servizos Sociais, Rocío López.

Nos primeiros días da estancia puideron coñecer os puntos máis destacados da propia cidade. Tamén, as illas de Murano e Burano. Nas próximas xornadas visitarán outras localidades próximas e realizarán actividades de tipo cultural. Cabe lembrar que, paralelamente, o Concello tamén participiu noutro programa de similares características que se leva a cabo en Berlín, neste caso ata hoxe 6 de xullo.

Financiado pola Unión Europea

A participación do Concello nestas dúas iniciativas é un dos resultados das relacións establecidas entre A Laracha e outros municipios e entidades de diversos países do continente. Este programa enmarcase no irmandamento desenvolvidos a través de Europe for Citizens co financiamento da Unión Europea.

O obxectivo é contribuír á construción da cidadanía europea facilitando á mocidade oportunidades para coñecer outros países, idiomas e culturas, potenciando a mobilidade xuvenil. Así mesmo, tende pontes para a cooperación transfonteiriza e proxecta ao Concello da Laracha cara o exterior.