A Laracha celebra as súas festas máis respectuosas
14 de agosto de 2025 (11:43 h.)
Desde a Comisión de Festas da Laracha comparten as medidas que levan a cabo durante os festexos para favorecer que as celebracións sexan máis compatibles co descanso e o benestar de todas e todos.
"Sabemos que as festas, declaran desde a Comisión de Festas, son momentos de alegría e encontro, pero tamén somos conscientes de que non todo o mundo vive estas datas do mesmo
xeito. Por iso, este ano incluímos iniciativas pensadas para respectar o descanso da veciñanza e tamén para facilitar a participación de quen prefira ou precise espazos máis tranquilos".
Horarios de tirada de bombas:
- Xoves 14: 22:30 h, anunciando o comezo da verbena.
- Venres 15: 9:00 h, só xunto á Igrexa Vella de Torás, con motivo da tradicional Misa das Cociñeiras.
- Do Venres 15 ao Domingo 17:
10:30 h → Dianas e alboradas.
12:00 h → Pasarrúas.
13:30 h → Procesións.
22:30 h → Comezo das verbenas. - Domingo 17: 00:00 h, sesión de fogos artificiais.
Horas Silenciosas
Tamén durante todos os días das festas, de 17:30 a 19:30 h, estableceranse as Horas Silenciosas nas atraccións, tempo durante o que se reducirá o volume da música.
"Con esta medida queremos crear un entorno máis accesible para persoas con hipersensibilidade sensorial, así como para quen simplemente prefira un ambiente máis calmo", añaden desde a Comisión.