Éxito participativo nas tres quendas do campamento dixital do programa de verán

Éxito participativo nas tres quendas do campamento dixital do programa de verán.
Éxito participativo nas tres quendas do campamento dixital do programa de verán.

O programa municipal de actividades culturais e deportivas de verán continúa desenvolvéndose cunha excelente acollida pola veciñanza larachesa.

O programa municipal de actividades culturais e deportivas de verán continúa desenvolvéndose cunha excelente acollida pola veciñanza larachesa e un rotundo éxito participativo, especialmente nos diferentes campamentos infantís e xuvenís organizados polo Concello.

A gran novidade deste ano é o Campamento Dixital dirixido a rapaces de 9 a 17 anos, que ante o alto volume de inscricións finalmente se está realizando en tres quendas semanais por grupos de idade e en horario de mañá, todas elas no Edificio de Servizos Múltiples da Laracha. A semana pasada realizouse a primeira quenda, onte rematou a segunda e o día 28 deste mes comezará a terceira. En total realizarán o campamento 50 rapaces.

Os participantes aprenden neste campamento a buscar información valiosa en Internet, hábitos saudables, como reforzar o pensamento crítico para identificar noticias falsas, as profesións emerxentes e, os de maior idade, competencias dixitais para a busca de emprego, entre outros contidos. 

Durante os cinco días de duración do campamento van completando etapas e misións para conseguir logros. Deste xeito, en cada aventura adquiren novas competencias para utilizar Internet e as ferramentas dixitais de forma útil, creativa, segura e responsable. 

Ao finalizar, os participantes reciben o certificado DigComp que acredita os coñecementos adquiridos na utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións dentro do marco europeo. 

Esta actividade é unha iniciativa impulsada pola Fundación Cibervoluntarios dentro do programa de Competencias Digitales para la Infancia (CODI) posto en marcha polo Ministerio de Juventud e Infancia e o Alto Comisionado contra a Pobreza Infantil, financiado por Fondos Next Generation da Unión Europea.