Mellora de equipamento de emerxencias

O equipamento foi recibido na praza do Concello da Laracha
O equipamento foi recibido na praza do Concello da Laracha

O equipamento é para o desenvolvemento de actuacións relacionadas coa protección do medio ambiente

A Laracha vén de renovar o seu equipamento de emerxencias coa incorporación dun vehículo 4x4 tipo pickup e dun equipo de alta presión con cisterna. José Manuel López Varela e José Ramón Martínez Barbeito, alcalde e teniente alcalde respectivamente, os recibiron na Praza do Concello. O equipamento xa está a disposición do persoal municipal de emerxencias. Tamén, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Laracha para o desenvolvemento de actuacións relacionadas coa protección do medio ambiente e do espazo natural.

A adquisición do vehículo e da motobomba supuxeron un investimento próximo aos 34.000 euros cofinanciados pola Xunta de Galicia a través das liñas de axudas ás entidades locais do Fondo de Compensación Ambiental.