Novos logros autonómicos dos deportistas do SAL

Deportsitas do club SAL no campionato Master

Os deportistas do club SAL estiveron no Campionato Galego Master de Augas Pechadas

O 25 de marzo tivo lugar o Master de inverno de Salvamento e Socorrismo onde os deportistas do club SAL lograron o 3º mellor club de Galicia na modalidade masculina e 5º mellor club na clasificación xeral. O campionato organizouno o Club Acuático Umia en colaboración coa FESSGA e con Concello de Caldas de Reis na piscina Antía García Silva, en Caldas de Reis.

Lembramos que a categoría Master comprende os maiores de 30 anos con probas adaptadas para os diferentes tramos de idade. Os deportistas da Laracha máis destacados foron:

En Master masculino:

Luis Rubén Caamaño Verdes (1982):

  • 2º 100 m. socorrista
  • 1º 200 m. natación con obstáculos
  • 2º 100 m. remolque de manequín con aletas
  • 5º 50 m. remolque de manequín

Diego Castiñeiras Rwgueira (1975):

  • 3º 100 m. socorrista
  • 5º 200 m. natación con obstáculos
  • 7º 100 m. remolque de manequín con aletas
  • 5º 50 m. remolque de manequín

Juan Jose Gonzalez Ramil (1965):

  • 7º 100 m. remolque de manequín con aletas
  • 9º 100 m. natación con obstáculos
  • 9º 100 m. Socorrista

Miguel Angel  Varela Rodríguez (1977)

  • 5º 100 m. socorrista
  • 8º 100 m. remolque de manequín con aletas
  • 11º 50 m. remolque de manequín

En Master feminino:

Patricia Varela Rama (1978)

  • 10ª 100 m. socorrista
  • 10ª 100 m. remolque de manequín con aletas

Nos relevos:

Master masculino:

  • 2º Lanzamento de corda (Ruben Caamaño e Diego Castiñeiras)
  • 3º 4x25 m. relevo remolque de manequín (Diego, Juan, Miguel e Rubén)
  • 3º 4x50 m. relevo combinado (Diego, Juan, Miguel e Rubén)
  • 4º 4x50 m. relevo natación con obstáculos (Diego, Juan, Miguel e Rubén)