Novo contrato de asesoría xurídica do CIM da Laracha

Rocío López y Ana Aldao, concejala de Servizos Sociais e directora do CIM , respectivamente
Rocío López y Ana Aldao, concejala de Servizos Sociais e directora do CIM , respectivamente

O contrato adxudicado é por un período de catro anos e un importe de 47.000 euros

Na Xunta de Goberno Local celebrada días pasados foi adxudicado a Osventos Innovación en Servizos S.L. o novo contrato de asesoría xurídica do Centro de Información ás Mulleres (CIM). A duración do mesmo é por catro anos (dous prorrogables por outros dous máis). O orzamento total alcanza os 47.000 euros.

A adxudicataria asumirá a labor de asesoramento ás mulleres -en especial, ás que se atopan en situación de vulnerabilidade- sobre calquera situación que requira orientación en materia legal. Está previsto manter o mesmo horario de atención ao público que na actualidade. Isto é, os luns e venres de 9:00 a 15:00 horas, e o xoves de 16:30 a 20:30 horas. Ademais, esta asesoría xurídica manterá unha continua colaboración coa dirección do CIM e da concellería de Muller na programación das actividades e eventos que se organicen desde ese departamento.

PEL-Concelllos Reactiva 2021

Ademáis, na Xunta de Goberno Local se acordou a adhesión ao programa de integración laboral PEL-Concellos Reactiva 2021 impulsado pola Deputación da Coruña. O Concello pretende formar unha cuadrilla de obras e servizos municipais composta por trece persoas. Nove peóns, dous capataces e dous traballadores para servizos xerais.

Entre as súas funcións estarían a realización de traballos para a instalación de sinalización viaria, reparación de beirarrúas e sumidoiros. Tamén, acondicionamento do terreo para a ubicación de colectores, mantemento de espazos públicos, conservación medioambiental e limpeza viaria. Así mesmo darán apoio loxístico aos servizos municipais e vixilancia don cumprimento das medidas de prevención ante a covid. A convocatoria iría dirixida a persoas que se atopen en situación de desemprego, inscritas no Servizo Público de Emprego e que estean en situación de exclusión laboral.

Salientar, por último, que foron concedidas tres licencias urbanísticas, sendo unha delas para a rehabilitación e ampliación dunha vivenda.

Servizos do CIM da Laracha