Destacada actuación do Club Salvamento Acuático Laracha no Open Galego de Ourense

O Club Salvamento Acuático Laracha no Open Galego de Ourense.
O Club Salvamento Acuático Laracha no Open Galego de Ourense.

O Club Salvamento Acuático Laracha brilla no Open Galego de Salvamento e Socorrismo celebrado en Ourense.

O Club Salvamento Acuático Laracha brillou con luz propia no recente Open Galego de Salvamento e Socorrismo celebrado en Ourense esta fin de semana do 29 e 30 de marzo de 2025.

Os deportistas do SAL demostraron un alto nivel competitivo, colleitando medallas tanto en probas individuais como por equipos. Esta actuación reflicte o compromiso do club coa súa misión promover a  formación nun deporte que salva vidas e é unha profesión con futuro en salvamento e socorrismo. Ademais, o club esforzase por asegurar que as súas actividades sexan inclusivas e accesibles para todos, fomentando a igualdade real e o empoderamento das mulleres e nenas.

A continuación, detállanse os resultados máis destacados do club, un paso máis cara á visión do SAL ser recoñecidos como un club de vangarda que  promove a seguridade e o benestar na auga da comunidade mediante a formación e a práctica deportiva.

Resultados Individuais

Lucía Añón Sánchez

  • 100m Socorrista Feminina 3ª posición 01.08.30
  • 100m Remolque de Maniquí con Aletas Feminina 2ª posición 00.58.02

David Fraga Rodríguez

  • 100m Socorrista Masculina 2ª posición 00.55.99
  • 200m Supersocorrista Masculina 1ª posición 02.18.27

Sergio Campos Varela

  • 50m Remolque de Maniquí Masculina 3ª posición 00.32.62

Resultados Por Equipos

Lanzamento de Corda Masculina

  • 1ª posición Luis Negreira Mariño e Sergio Campos Varela 00.13.25

4x50m Relevo Natación con Obstáculos Feminina

  • 3ª posición Lucía Añón Sánchez, Iria Barreiro Matos, Sofía Mata López e Gabriela Paulos García 02.12.28

4x50m Relevo Natación con Obstáculos Masculina

  • 2ª posición Pablo Amado Villar, Sergio Campos Varela, Luis Negreira Mariño e David Fraga Rodríguez 01.49.19

4x25m Relevo Remolque de Maniquí Masculina

  • 2ª posición Pablo Amado Villar, Sergio Campos Varela, Juan Martín Rodríguez Lafuente e David Fraga Rodríguez 01.16.05