Campionato de patinaxe na Laracha

Campionato de patinaxe artístico na lLaracha

Hoxe e mañá o CP Conxuro A Laracha organiza o campionato no Pavillón Municipal

Este fin de semana o CP Conxuro A Laracha organiza o Campionato Provincial Cadete a Senior 2023 no Pavillón Municipal da Laracha. Durante as xornadas de sábado e domingo o club local acolle o Campionato Provincial de Patinaxe Artística das Categorías Cadete a Senior. Horario: sábado de 10:00 ata as 20:00 horas e domingo desde as 9:00 ata as 21:25 horas.

Trátase dunha proba federativa oficial á que acudirán preto de cen patinadores, que realizarán os seus dous programas coa finalidade de acceder o campionato galego. Tomarán parte no evento catorce clubs de patinaxe de toda a provincia da Coruña, en concreto CPA Ágora ,CP Ribeira, CPA Brión, CP Sarela, CDP Boiro,  CP Oroso, CDP Berenguela, CP Compostela, CPA Omega, CP Buxaina , CP Lenda, CP Axel, CP Maxia e o clube organizador, CP Conxuro A Laracha.

O CP Conxuro presenta a tres das súas patinadoras: Antía Cotelo: cadete feminino, Uxía Freire: xuvenil feminino en Natalia Rama: junior feminino. Horarios nesta ligazón.