Os campamentos abren a programación municipal de verán na Laracha
Xa comezou a desenvolverse o programa municipal de actividades de verán na Laracha.
Co inicio dos primeiros campamentos infantís comezou a desenvolverse o programa municipal de actividades de verán.
O alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Cultura e Deportes, Patricia Bello, acudiron ao pavillón Municipal da Laracha para saudar e dar a benvida aos trinta nenos que participan no campamento urbano.
Ata o venres día 4 de julio, cada día de 9:30 a 13:30 horas realizarán unha programación divertida, deportiva, cultura e educativa, con xogos cooperativos, actividades multideporte, manualidades, obradoiros de cociña e ciencia e o venres, unha festa de despedida con inchables.
Durante todo o verán o Concello porá en marcha un total de dezasete propostas de ocio, culturais e deportivas, sendo a maioría delas para o público infantil e xuvenil.