Campamento urbano no pavillón do IES Agra de Leborís

Participantes do campamento urbano no pavillón do IES Agra de Leborís.
Participantes do campamento urbano no pavillón do IES Agra de Leborís.

Corenta e nove nenos participan no campamento urbano que se realiza no pavillón do IES Agra de Leborís.

O Concello da Laracha empezou esta semana co seu programa de actividades de verán, que inclúe propostas especialmente dirixidas aos nenos como medio de ofrecerlles a eles alternativas para o aproveitamento do seu tempo libre e, aos seus pais, unha axuda para a conciliación da vida persoal, familiar e laboral durante as vacacións do verán.

Nesta semana estase a levar a cabo o campamento urbano no que participan case medio centenar de nenos de idades comprendidas entre os catro e os seis anos. Desde o luns e ata o venres realizarán diversas actividades educativas, deportivas e ludo-recreativas nas instalacións do pavillón do IES Agra de Leborís durante toda a mañá, desde as 9:30 ata as 13:30 horas. 

O programa do campamento urbano inclúe obradoiros de cociña, , reciclaxe e chapas, ademáis de xogos deportivos e tradicionais. Na xornada de hoxe tamén tiveron unha charla na que lles explicaron como tratar aos cans e interactuar con eles. O venres será a despedida cunha festa de fin de campamento con inchables.

O alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira Patricia Bello visitaron aos participantes nas propias instalacións nas que se realiza o campamento urbano.