Propostas do Bng da Laracha para o Pleno do venres

Xoan Manoel Sande, portovoz do Bng da Laracha
Xoan Manoel Sande, portovoz do Bng da Laracha

Desde o Bng afirman que "nos últimos anos vimos como se agravaba o proceso de concentración e centralización bancaria, con graves consecuencias para Galicia"

Xoán Manoel Sande Muñiz, portavoz do Grupo Municipal do Bng no Concello da Laracha, ao abeiro do Regulamento Orgánico Municipal presenta, para o seu
debate no vindeiro Pleno Ordinario da Corporación:

  • Instar ao goberno central a desenvolver as mudanzas oportunas no ámbito da regulación do sector bancario para poñer freo ás consecuencias do aumento da
    concentración bancaria, do incumprimento das normas de competencia e do agravamento da exclusión financeira, concretamente para dar resposta á escalada
    de abusos bancarios en materia de restricción de servizos, pacto de horarios para limitar os servizos de caixa, incremento de comisións e reducións drásticas de
    oficinas e persoal.
  • Instar á Xunta de Galiza a desenvolver as súas competencias exclusivas en materia de consumo impulsando, ao abeiro do Instituto Galego de Consumo
    campañas colectivas de reclamacións bancarias, información ás persoa consumidoras e estudos propios sobre a vulneración dos seus dereitos.
  • Expresar o apoio da Corporación Municipal ás xustas reivindicacións das traballadoras e traballadores da banca en defensa dos postos de traballo e do mantemento dos servizos financeiros básicos no territorio galego e dirixirse ás entidades bancarias do concello para demandar o mantemento dos servizos.