Este sábado, autocine familiar na praza Olonne sur Mer

Sábado 23, autocine na Laracha
Sábado 23, autocine na Laracha

O acceso a autocine é gratuíto ata completar a capacidade máxima do recinto

A praza Olonne sur Mer da Laracha acollerá este sábado a proxección do filme Jumanji: The Next Level en formato autocine familiar. Trátase dunha comedia de aventuras do ano 2019, a segunda entrega da franquicia Jumanji. Está dirixida a todos os públicos e protagonizada por Dwayne Johnson, Jack Black, Kevin Hart e Karen Gillan.

O pase principiará ás 21:00 horas. O acceso permitirase desde media hora antes, sendo a entrada gratuíta e sen necesidade de reserva previa ata completar a capacidade máxima do recinto. Organiza o Concello da Laracha coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña.