Aprobado o Plan Especial de Infraestructuras do Medio Rural
El Plan Martes de Entroido (17 de febreiro) e o día da Romaría dos Milagres de Caión (8 de setembro) como os festivos locais para o ano 2026.
O Pleno da Corporación municipal reuniuse na sesión ordinaria correspondente ao mes de xullo, a primeira en realizarse na Casa da Cultura tralo inicio das obras de rehabilitación integral da Casa do Concello.
Unha das cuestións máis destacadas foi a aprobación definitiva do Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións do Medio Rural impulsado en Montemaior pola Fundación Galicia Sustentable, organización sen ánimo de lucro.
O seu ámbito de aplicación abarca dúas parcelas catastrais de titularidade privada que suman unha superficie total de 45.038 metros cadrados, emprazadas no Igrexario desa parroquia.
O obxecto do Plan Especial é a ordenación detallada do ámbito e a concreción dos seus usos que permitan destinalo á implantación dunha dotación multifuncional dedicada á
investigación para a protección e recuperación de espazos de valor ambiental que sexa referente para a prosperidade do medio rural.
O asunto saíu adiante coa única abstención do grupo do BNG. O alcalde,
Por outra banda, e tal e como é tradición no concello da Laracha, quedaron fixados o Martes de Entroido (17 de febreiro) e o día da Romaría dos Milagres de Caión (8 de setembro) como os festivos locais para o ano 2026, o que foi aprobado por unanimidade dos tres grupos municipais.
Tamén foi aprobada, neste caso coa abstención do PSOE, a incoación de expedientes de investigación de titularidade nun total de 22 camiños co propósito de facer constar con suficiente detalle as mencións necesarias para a súa identificación e, nos que resulte preciso, reflectir a situación xurídica e destino de uso ao que están sendo dedicados. O alcalde apuntou que este procedemento tivo que retrotaerse para poder notificar a todos os propietarios das fincas lindeiras.
Grupos Políticos
Neste contexto, o PSOE presentou unha emenda ao acordo plenario coa intención de incorporar ao documento final un marco normativo máis claro que delimite os usos permitidos, evitando calquera uso residencial ou turístico alleo á actividade agraria. A emenda foi rexeitada cos votos en contra do goberno local, que xustificou a súa postura afirmando que se trataba dunha iniciativa privada e que xa se celebraran dúas presentacións do proxecto. Pola contra, a ditas presentacións non foi convidada toda a corporación municipal.
Foi aprobada unha moción presentada polo grupo municipal popular na que se amosa o rexeitamento expreso á corrupción e se esixe ao Goberno de España a inmediata depuración de responsabilidades, a colaboración con todas as instancias xudiciais e a convocatoria de eleccións xerais.
Por outra banda, o Grupo Municipal Socialista da Laracha defendeu no Pleno municipal a súa postura a ante o Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións no Medio Rural en Montemaior. A formación socialista valorou positivamente a orientación agraria e sostible do proxecto, pero calificou de insuficientes as garantías actuais en materia ambiental, de participación veciñal e de transparencia urbanística.
Ademais, demanda a elaboración dun estudo de integración paisaxística con simulacións visuais, así como a convocatoria dunha reunión informativa aberta á veciñanza antes da aprobación definitiva do Plan. A proposta tamén inclúe a creación dun comité de seguimento ambiental e social con representación do Concello, da veciñanza e do promotor.
Pola súa banda, os nacionalistas da Laracha, entre outros asuntos, solicitaron mplementar un plan de actuación integral das infraestructuras do ciclo da auga do Concello no seu conxunto, para avaliar o seu estado e trazar unha folla de ruta de actuacións a curto/medio prazo para evitar sancións e contaminar as augas.
Además, en referencia ao «Parque eólico Seixo»,solicitaron a rexeita pública e inequivoca deste proxecto eólico e por a dispor da veciñanza no menor tempo posíbel os recursos dispoñíbeis, para informar, asesorar e colaborar cos veciños e veciñas afectados directa ou indirectamente na presentación de alegacións a este proxecto. Tamén solicitan que o Concello elabore e presente en tempo e forma, as súas propias alegacións que permitan asegurarse a posibilidade futura de poder presentarse como parte afectada nun eventual recurso de alzada, ou procedemento contencioso administrativo, de ser o caso.