Aprendendo a través do surfing

O alumnado de 5º e 6º do CEIP Otero Pedraio participou na fase práctica na praia de Caión
O alumnado de 5º e 6º do CEIP Otero Pedraio participou na fase práctica na praia de Caión

O obxetivo é melloar a vida dos nenos e nenas.

Aprende a Través do Surfing é unha iniciativa que se marca como obxectivo propoñer este deporte como ferramenta educativa coa finalidade de que o alumnado adquira unha cultura de surf, traballe o autocoñecemento e xere un vínculo co mar e o seu entorno para respectar os espazos naturais e o medio ambiente en xeral.

É desenvolvido na Laracha pola Federación Galega de Surf e a escola Caión Surf House.

A proposta educativa inclúe a realización, en horario lectivo, dunha fase teórica nas aulas, tanto con módulos en liña como actividades vivenciais presenciais nos propios centros de ensino, e finaliza coa saída á praia de Caión para poñer en práctica o aprendido.

O Concello apostou nos últimos anos por levar esta actividade aos centros de ensino do termo municipal. Nesta edición financiouse a participación do alumnado de 5º e 6º de primaria do CEIP Otero Pedrayo. Ademais, por iniciativa dos propios centros de ensino tamén realizaron o programa os alumnos de 5º e 6º do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco e os de todos os cursos do CEIP de Caión.